NAI

NAI
Antes de que foses o primeiro sorriso que vin
sentín o latexo do teu corazón
e antes que as túas mans me collesen,
acaricieinas na pel do teu ventre.
Nai, onde foi o tempo ?
Aquel no que me ensinaches a respirar
Nai, onde están as mañáns nas que te escoitei cantar?
Camiñei contigo, nos contos de medo e néboa,
nos outonos de Vilachán
Cando na choiva dos invernos eras o meu abrigo
e no calor do verán os teus ollos o espello e a frescura do Barcala
Nai, onde foi o tempo ?
Aquel no que me ensinaches a medrar
Nai, tamén te vin chorar
Durmín nos teus brazos e espertei sendo un home,
deches un bico na pel dun neno
e os xoguetes perdéronse no xardín das tardes,
no lugar que solo un rapaz coñece
Nai, onde foi o tempo?
Aquel que se escapa como un furacán
que fai repicar as campás sin que ninguén as queira tocar.
Nai