A Pedra Serpal pasou por varias reequipacións ao longo dos anos. O problema, despois daquela miña primeira e a primeira da Serpal como liña de escalada na vía Cerro Torre, era non dispoñer de máis ferramentas que un burilador co que metín algún spit. Logo, xa cando coñecín a Andrés Villar, iniciamos a apertura do seu máximo de vías e sempre con spit. Despois chegou algún descolgue con parabolt. A verdade non lembro nin de onde saiu o taladro, pero dende logo foi un luxo.
A pedra Serpal está enriba da Ría de Muros- Noia e aínda que lonxe, hasta aquí chega o efecto do salitre comendo os metais.
Fai dous anos chegaron uns amigos de Santiago que pediron permiso para reequipar. Puxeron un descolgue que finalmente cambiouse de sitio coa axuda doutro taladro que trouxo José Ramón. Tamén se deixaran caer por alí Jesús, un amigo de Villar e Jose de Boiro con algunha chapa nova. Aproveitando que había un trebello e algúns parabolts e novas chapas, reequipouse un descolgue na Cerro e dúas liñas na mesma parede. Pero os bolt, ao ser zincados, en apenas tres anos foron comidos pola ferraxe.
Da man de Alfonso Louro, que abriu unha nova vía de 6c+ a esquerda da Cerro Torre e que bautizou como "Fiz Roi" (seguindo nomes galegos que coa pronunciación recorda a montaña veciña do Cerro na Patagonia), veu o pasado sábado 26 de agosto con taladro, parabolt e descolgues de inox para darlle máis axiliadade a esta fermosa rocha da que esperamos máis visitas posto que ben o merece, lembrando sempre que todas as fisuras son respetadas e que se amosan como unha verdadeira escola para instalar "cacharros". Entre os dous comenzamos a reequipación total, retirando os vellos en inservibles seguros para sustituilos polos novos. En total fixemos tres vías desde o espolón da este e varios descolgues hasta o final.
Coido que con dúas visitas máis a Serpal quedará completamente equipada para o lecer da comunidade escaladora.
Xa estou argallando a idea de celebrar unha "I XUNTANZA DE ESCALADA SERPAL" na contorna de San Xoan do Carballoso, lugar idóneo para un evento deste tipo e donde os amigos da asociación de Xallas que organiza a festa de San Xoan pareceron interesados. Asi que creo que vai a ir adiante!!
O que si falta é seguir limpando TOXO para facer máis agradable o sitio!! Así que si vas a escalar leva unha fouza no teu equipo!! Gracias!!