top of page
Buscar
Rubén Suárez

XUCA 2018


Prema no enlace para info e suscripción

Xa chega un dos eventos máis divertidos e aventureiros do calendario, como sempre da man do incansable Freddy Malouco.

O guía de melenas rizosas, con base loxística no Concello de Melón, segue coas gañas de organizar eventos para o disfrute dos demáis a pesares dos atrancos e dificultades que un se vai atopando no camiño.

Así que o mundo do barranquismo ten un cita obrigada neste pequeno currucho da provincia de Ourense, rodeados dun escenario arquitectónico tan fantástico como o Mosteiro de Santa María e os ríos Cortella e Cerves que configuran dous canóns fermosísimos e técnicos.

Para mín e para Antía este ano non vai poder ser pola data na que nos cadra pero aí estaremos en pensamento e corazón, lembrando os que respiran e sentindo o espíritu vivo dos que xa non están.

Arriba tes o enlace para info e suscribirse.

Pasádeo ben !!!

Con Marta Gutierrez, Luis Nortrek, Antía Suárez y Elena Alemparte.


28 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page