AUGA
ALLÔ CHERI
LA PRINCESA DEL CUENTO
RESPIRAR NO CUMIO DO ANETO
Diario dun aventureiro barcalés
valdebarcala.es foi unha páxina web que cando tiven coñecemento dela xa levaba un tempo pululando pola rede. Tivo un primeiro administrador que lle pasou o traballo de manter a información a dúas persoas que, ademáis de veciños se convertiron en amigos e sobre todo editores.
Persoalmente xa tivera contacto coa afición a escribir a través de dous desaparecidos xornais locais en papel como foron "Tambre" e sobre todo "O Norte".
Foron Dario Lueiro e Daniel Barbazán quenes me animaron e pediron colaboración para ser partícipe na web barcaleseira contando as miñas pobres andanzas. E así foi como naceu o Diario que tanto boto de menos xunto con outros colaboradores que demos vida durante un bo tempo a esa revista virtual.
"Auga" foi o primeiro capítulo e aquí queda unha parte dalgúns que o acompañaron